Picture of author.

Marcos S. Calveiro

Autor(a) de O carteiro de Bagdad

15 Works 52 Membros 6 Reviews

About the Author

Image credit: Marcos Calveiro. Photo by Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB).

Obras de Marcos S. Calveiro

Etiquetado

Conhecimento Comum

There is no Common Knowledge data for this author yet. You can help.

Membros

Resenhas

O autor inclúe un "caneo" meu (figurado como Concelleiro de Cultura) na trama da narración.
 
Marcado
Castro_1956 | 1 outra resenha | Apr 25, 2022 |
Novela histórica, novela de misterio, intriga e de iniciación, na que se conta a vida en Compostela do encadernador Ambrosio Cavaleiro, nado en Pontedeume, pero tamén a da cidade nos séculos XVI e XVII, as distintas confrarías, os problemas co Santo Oficio e, naturalmente o mundo da edición e da cultura galega. De aí o título, Festina Lente, ou Apresúrate Amodo, lema co que o impresor veneciano Aldo Manucio, encabezaba os seus libros un século antes.
O mellor da novela, ao marxe da historia, entretida e moi informativa, a poesía da linguaxe e a interesantísima documentación na que se basea.
A novela mestura persoaxes reais con outros de ficción, aos que dota de verosimilitude mediante unha serie de documentos dos que o autor da cumprida conta.
O códice dos Lavancos e a obra pola que Ambrosio vese inmerso, o libro que rexe a vida dos canteiros, confraría de construtores que “sabían dos arcanos da pedra, da súa exacta aliñación co alento vital da terra e coas correntes subterráneas que baixo os nosos pés guiían o noso camiñar polos rueiros da vida.
Outro acerto é esa descrición da Compostela do século XVII pola que nos fai pasear o autor, coa súa miseria, os seus costumes, andacios, as obras na catedral e en San Martín Pinario, todo pechado dentro da muralla que rodea a cidade coas súas nove portas.
Hai algunha imaxe que resulta un pouco fora de lugar como a do carro de libros desbocados coa xente recollendo todo canto documento poida e o intento de recuperación por parte das autoridades da Inquisición, e outras un pouco deixadas de man, e que confunden ao lector. Polo demáis, outra maravilla do autor.
… (mais)
 
Marcado
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Teño que confesar que costoume comezar porque non acababa de crerme a historia nos dous primeiros capítulos, que lin varias veces ata conseguir pasalos e entón comezou a chicha. O final tamén ten algo de inverosímil pero ou xa estaba tan metida na trama ou o seu autor conseguiu darlle algo de verosimilitude á ristra de asasinatos imposibles cos que remata a obra sen que eu me dira conta. En todo caso, prácticamente todo o do medio merece moito a pena.
Unha historia que acontece en Vilagarcía e que tamén revela algo da historia de Galicia máis descoñecida como é a importancia da baía arousana para as armadas tanto británica como xermana, xa desde a I Guerra Mundial.
O libro vai intercalando a historia de Delia Cores e o seu fillo Edelmiro con capítulos nos que o suposto autor da novela vai contando o seu proceso de documentación mentres reflexiona sobre a escritura, sobre o mundo literario galego e, tamén nunha parte da súa biografía que, sospeita, ten que ver co relato que nos está contando.
O escenario da Vilagarcía de finais do século XIX exténdese ata o final da Guerra Civil, onde remata unha parte da historia, e na que tamén aparecen outras personaxes destacadas que rozan a vida dos protagonistas en determinados momentos, como son os casos de Joaquín Sorolla e Federico García Lorca, pero tamén o que fora alcalde de Vilagarcía, Elpido Villaverde, ou ao marxe da historia principal, a referencia a Plácido Castro case ao principio da novela.
Unha historia moi ben contada e con todos os elementos tan ben engarzados que costa deixar a lectura ata a seguinte sesión.
… (mais)
 
Marcado
Orellana_Souto | 1 outra resenha | Jul 27, 2021 |
En 1614 una embajada japonesa recala en España invitada por el rey Felipe III, uno de los jóvenes samuráis se queda en Sevilla. Sebastián Corvado vive recluido pero en una de sus pocas salidas conoce al pintor Diego Velázquez y se hace amigo de una esclava, Marcela a la que ayudarán a escapar.
 
Marcado
varbes | Mar 29, 2021 |

Prêmios

Estatísticas

Obras
15
Membros
52
Popularidade
#307,430
Avaliação
½ 3.4
Resenhas
6
ISBNs
23
Idiomas
3

Tabelas & Gráficos